InicioLugo e contornaLugoDenunciadas tres persoas por non usar máscara cando transitaban por Lugo

Denunciadas tres persoas por non usar máscara cando transitaban por Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas foron denunciadas por non levar postas máscara cando transitaban pola cidade de Lugo, dúas das cales non portaban ningunha. Así o informou a Policía Local de Lugo, que relatou que estas denuncias se levaron a cabo no marco dun filtro para comprobar o cumprimento das medidas establecidas para a prevención do contaxio da COVID-19.

En concreto, axentes do Grupo Operativo Nocturno procederon a denunciar a tres persoas entre as 23,00 e as 23,30 horas do pasado 3 de agosto.

A primeira destas persoas foi interceptada na confluencia da Avenida da Coruña con Curros Enríquez e nin usaba nin portaba encima unha máscara. Mentres, as outras dúas persoas foron denunciadas en Camiño Real, ningunha das cales usaba máscara, a pesar de que unha delas si a levaba.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...