InicioSucesosAparece o veciño de Ribeira de Piquín buscado nun monte de Baleira

Aparece o veciño de Ribeira de Piquín buscado nun monte de Baleira

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home de 45 anos veciño da localidade de Ribeira de Piquín (Lugo) buscado desde o fin de semana na zona do municipio lucense de Baleira apareceu na tarde deste luns.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, o individuo, despois de que se suspendeu o operativo de rastrexo ao considerar que se escondeu no monte, saíu do lugar, dirixiuse ao seu domicilio, “colleu o coche e marchou”.

Este luns pasado pola mañá o operativo centrouse no monte da Marronda, que conta “con moitas hectáreas de árbores”, sinalaron fontes do dispositivo, que posteriormente quedou suspendido á espera de que saíse o home.

Por parte de Protección Civil explicaron que o home se “tirou dun coche en marcha” tras discutir coa persoa que conducía e “meteuse no monte”, por iso suspendeuse o operativo de procura.

O pasado fin de semana membros da Garda Civil e Protección Civil de Ribeira de Piquín e da Fonsagrada, xunto con veciños da zona, realizaron labores de procura. Este dispositivo rastrexou este domingo os montes no municipio veciño de Baleira dado que o domicilio deste home atopábase preto da zona limítrofe co mesmo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...