InicioSucesosEbrio ao volante, sen cinto, coa ITV caducada e coas súas fillas...

Ebrio ao volante, sen cinto, coa ITV caducada e coas súas fillas menores no coche

A Policía Local de Lugo multou a este home, que perdeu catro puntos pola alcoholemia positiva e outro tres por non levar o cinto de seguridade "correctamente abrochado"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron este xoves de madrugada un condutor que obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia cando circulaba sen facer un uso correcto do cinto nun vehículo coas súas tres fillas de tres e sete anos no interior.

Segundo informou a Policía Local, o condutor foi parado na Avenida da Coruña ao presentar signos de inxerir bebidas alcohólicas. Nas probas deu un resultado de 0,42 miligramos por litro, o que “supón unha multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de condución”, destacaron as mesmas fontes policiais.

Tanto o condutor como a outra persoa que os acompañaba no asento do copiloto “non levaban o cinto de seguridade correctamente abrochado”, destacou a Policía Local, polo que tamén foron denunciados con multa de 200 euros. Para o piloto isto tamén supón a retirada de tres puntos do permiso de conducir.

ITV CADUCADA

Así mesmo, os axentes comprobaron que o vehículo tiña a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) caducada, polo que tamén foi sancionado o titular do turismo con 200 euros.

As mesmas fontes policiais destacaron que os axentes “prestaron especial atención á situación das nenas” e comprobaron que se atopaba “en bo estado e estaban tranquilas”. Requiriron a presenza dun taxi para que fosen trasladadas ao seu domicilio e o vehículo quedou inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...