InicioLugo e contornaLugo"Eu fago deporte cando quero, non teño por que respectar ningunha norma"......

“Eu fago deporte cando quero, non teño por que respectar ningunha norma”… A resposta dun corredor á Policía

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un veciño de Lugo, natural de Outeiro de Rei e de 36 anos de idade, por facer deporte na cidade fóra da franxa horaria establecida para a xente da súa idade.

Axentes da Policía Nacional parárono ao once da mañá na zona da Medusa, na parte norte da cidade de Lugo, ao ver que estaba a practicar deporte en plena rúa ás once da mañá.

O agora detido, díxolles que practicaba deporte á hora que tiña por costume facelo e que non se sentía obrigado a respectar ningunha norma. Por iso, foi denunciado por incumprir o estado de alarma.

Con todo, ao comprobar que o individuo seguía coa súa actividade, os axentes cominárono a depor inmediatamente a súa actitude, pero o home exhibiu en todo momento unha actitude “despectiva e irrespetuosa cara aos axentes”. Por iso, ante a “reiteración na desobediencia do estado de alarma”, o home foi finalmente detido e trasladado á Comisaría Provincial, á espera de que pase a disposición xudicial nas próximas horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...