InicioSucesosAuxilian a catro persoas que estaban tiradas en distintas rúas da cidade

Auxilian a catro persoas que estaban tiradas en distintas rúas da cidade

A Policía Local notificou, ademais, trinta infraccións do estado de alarma: peóns que non respectaban as franxas horarias, condutores que non puideron xustificar o motivo do seu desprazamento ou ocupantes de coches sen gardar as medidas de prevención.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron a pasada fin de semana —entre os días 1 e 3 de maio— a catro persoas que estaban tiradas na vía pública por diferentes motivos, tres das cales tiveron que recibir asistencia médica por parte dos servizos de emerxencias.

Na Praza da Fonte dos Ranchos, unha patrulla da Policía Local atopou un home que estaba durmido na beirarrúa, polo que, tras comprobar que efectivamente se trataba dunha persoa “sen teito, trasladárono ao Fogar do Transeúnte para que pasase a noite cuberto.

Na rúa Pintor Villamil, outro varón estaba tendido no chan. Presentaba unha forte intoxicación etílica e un golpe na fronte, polo que lle practicaron os primeiros auxilios e solicitaron o traslado dunha ambulancia para evacualo ao HULA.

No terceiro caso, auxiliaron unha muller que caeu accidentalmente no Parque da Milagrosa. Os axentes comprobaron que a muller tiña dificultades para expresarse e era incapaz de indicar onde estaba a súa casa, aínda que coñecía o percorrido, polo que solicitaron o traslado dunha ambulancia, cuxos sanitarios lle practicaron os primeiros auxilios ata que se presentou un dos seus fillos, que se fixo cargo do seu coidado.

Por último, os axentes da Policía tamén asistiron un home que estaba tirado na rúa Soto Freire, con síntomas evidentes de embriaguez, e que foi finalmente trasladado ao HULA para recibir atención médica.

30 INFRACCIÓNS DO ESTADO DE ALARMA

Ademais, a Policía Local informa de que durante esta pasada fin de semana se levantaron un total de 30 actas de infracción por vulnerar o confinamento e as restricións de tráfico incluídas no estado de alarma.

Efectivos da Policía de Barrio e da Unidade de Atestados montaron diferentes controis no centro urbano durante a fin de semana, tanto no centro como nas saídas da cidade, para velar polo cumprimento das normas incluídas no estado de alarma. Neses controis identificaron a 96 persoas e déronlle o alto a 350 vehículos.

As actas de infracción foron levantadas por peóns que incumpriron as franxas horarias para saír á rúa, condutores que non xustificaron debidamente o motivo do seu desprazamento ou persoas que viaxaban en coche sen respectar as correspondentes medidas de prevención para evitar contaxio

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...