InicioLugo e contornaSancionadas 11 persoas en Lugo por incumprir a orde de confinamento o...

Sancionadas 11 persoas en Lugo por incumprir a orde de confinamento o sábado

A Policía interceptou 101 vehículos e 110 persoas foron identificadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo sancionou a once persoas nesta cidade mentres que a súa homóloga da Coruña interpuxo infraccións a outro sete durante este sábado por desobedecer a orde de confinamento aprobada polo Real Decreto do Goberno central como consecuencia da crise sanitaria.

Este corpo de seguridade de Lugo realizou varios controis nas estradas durante a pasada xornada, neles interceptou 101 vehículos e 110 persoas foron identificadas. En total levantáronse 11 actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por “circular sen xustificación”, explicou a Policía Local nun comunicado.

Agora, estas persoas enfróntanse a unha multa que oscila entre os 601 e os 30.000 euros. Á mesma sanción enfróntanse o sete denunciados por desobediencia á autoridade que a Policía Local da Coruña interceptou en varios puntos da cidade herculina.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...