InicioSucesosRouban corenta pitas de ovos azuis na parroquia de Roupar (Xermade)

Rouban corenta pitas de ovos azuis na parroquia de Roupar (Xermade)

As galiñas de raza araucana son moi valoradas, xa que os seus ovos son comercializados a un prezo superior ao habitual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos responsables dun roubo perpetrado o pasado 3 de abril en Roupar (Xermade), de onde os ladróns levaron corenta galiñas araucanas, orixinarias de Chile e coñecidas porque poñen ovos de cor azul.

Os feitos ocorreron na Finca Azureira, unha explotación avícola montada hai tres anos con galiñeiros móbiles para producir ese tipo de ovos, dado que se venden a un prezo superior ao convencional.

Segundo a información facilitada á Garda Civil, desapareceron corenta pitas, valoradas nun total de 1.600 euros polas súas propietarias. O roubo supón unha importante perda para esta explotación avícola, xa que os ladróns levaron máis da metade das galiñas que tiñan en produción.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...