InicioSucesosAtopan falecido o septuaxenario que desaparecera o luns en Friol

Atopan falecido o septuaxenario que desaparecera o luns en Friol

O corpo sen vida foi localizado nun piñeiral próximo a Rosende, na parroquia de Anxeriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos de servizos de emerxencia atoparon falecido na mañá deste martes no concello de Friol un home septuaxenario que estaba en paradoiro descoñecido desde este luns.

Segundo informou o 112 Galicia, o corpo sen vida do home foi localizado sobre as 8:00 horas deste martes nun piñeiral próximo ao lugar da súa desaparición, en Rosende (Anxeriz).

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición ás 21:15 horas deste luns a través dun veciño do septuaxenario, que indicou que faltaba da casa desde as 17:00 horas.

Por iso, por parte do CIAE 112 Galicia informouse os feitos á Garda Civil, que coordinou un operativo de busca no que participaron os membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Friol.

ÚLTIMAS

Denunciados en Lugo 90 condutores por exceso de velocidade e 18 por circular baixo os efectos de alcol ou drogas

A Policía Local de Lugo interceptou a 90 condutores que superaban o límite máximo de velocidade permitido na...

Desarticulada unha banda especializada en roubo de cable en Lugo e A Coruña

A Garda Civil desarticulou unha banda especializada no roubo de cable de cobre e detivo a tres dos...

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida,...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta...