InicioSucesosPillan tres persoas roubando case un centenar de obxectos no antigo hospital...

Pillan tres persoas roubando case un centenar de obxectos no antigo hospital de Lugo

A Policía Nacional estableceu un dispositivo de procura que abarcou a contorna do edificio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, en servizo de Radiopatrullas e de noites, detiveron a pasada madrugada a tres homes, veciños da cidade de Lugo, como autores dos roubos no interior do antigo hospital, tras ser sorprendidos cando trataban de subtraer case un centenar de obxectos.

Segundo informou a Policía Nacional, dous dos detidos contan con varios antecedentes por feitos similares, en concreto suman sete arrestos por outros roubos con forza, e o terceiro non presentaba antecedentes. Os tres teñen mediana idade.

Axentes policiais en servizo de patrulla polas zonas de maior risco da cidade observaron na zona do antigo hospital “unhas luces estrañas para a hora”, dúas da madrugada, “así como polo aspecto, e tipo de foco”, relatan as mesmas fontes.

Por iso dispuxéronse a comprobar a súa orixe, polo que solicitaron presenza dos demais indicativos en servizo. Así, unha das dotacións introduciuse no inmoble, mentres outras permanecían á expectativa.

Unha vez no interior, indicou a Policía, os axentes acharon “acazapado e cunha lanterna” a un dos individuos, que foi detido, quen lles manifestou que estaba con outros dous. Deste xeito, estableceuse un dispositivo de procura para localizalos no interior do edificio, así como un de vixilancia no exterior que controlaba os vehículos estacionados.

A dotación dos exterior momentos despois observou como un home de mediana idade saltaba o valo do antigo hospital para introducirse no vehículo que está estacionado enfronte. Por iso, foi interceptado e os policías comprobaron que no interior do vehículo xa tiñan almacenados uns 73 artigos de traballo de construción, (rebarbadoras, discos, trades, martelos e outros). Por todo iso procedeuse tamén á detención deste home.

Tamén localizaron no interior das instalacións diferentes elementos, como cable de cobre, e diferentes obxectos de valor, preparados para o seu traslado ao vehículo. Unha vez están estes dous homes detidos, foron trasladados a dependencias policiais para a confección do correspondente atestado e informar de todo iso á autoridade xudicial.

TERCEIRO IMPLICADO

Mentres, unha dotación quedou nas inmediacións do antigo hospital por se se puidese localizar ao terceiro implicado nos feitos, sempre segundo as manifestacións dos xa detidos.

No marco do operativo, uns minutos mais tarde, a Policía localizou na entrada do edificio ao terceiro detido en relación aos feitos, o cal ao ser visto pola dotación policial, tratou “de abstraerse á actuación policial”, asegura a Policía. Unha vez interceptado, realizóuselle un cacheo superficial e acharon luvas nos petos, así como dúas lanternas, unha frontal e outra de man.

Na mañá deste luns estaba previsto o seu pase a disposición da autoridade xudicial, xunto con todo o actuado.

ÚLTIMAS

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...

Xulgado en Lugo un home acusado de tentar secuestrar e forzar o matrimonio dunha menor de Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo levou a xuízo este martes a un home de...