InicioSucesosA Policía detén os responsables dun negocio 24 horas da Milagrosa por...

A Policía detén os responsables dun negocio 24 horas da Milagrosa por tráfico de drogas

Tres persoas foron arrestadas logo dunha investigación policial que rematou coa intervención de máis de 200 doses de marihuana e haxix, diferentes pastillas, 5.000 gramos de tabaco picado e máis de 1.200 euros en metálico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un operativo policial contra o tráfico de drogas en Lugo rematou coa detención de tres persoas. Desta volta, os axentes arrestaron unha parella responsable dun negocio 24 horas situado na zona da Milagrosa, ademais dun terceiro que colaboraba con eles.

A investigación iniciouse por mor das queixas veciñais, que referían “malestar polo continuo devir de persoas de aspecto toxicómano” e que non residían no barrio. Segundo sinalaron fontes policiais, estas persoas merodeaban o local onde posteriormente se realizaron as detencións.

Dous dos detidos son unha parella que rexenta un negocio de 24 horas na zona da Milagrosa. Ambos foran detidos en varias ocasións imputados por estes mesmos delitos, indica a Policía.

Vixilancias, interrogatorios e incautacións de substancias na contorna axudaron a precisar a maneira de actuar dos detidos. Ao parecer, cando chegaba algunha destas persoas ao local, mandábanlle esperar uns minutos mentres un dos rexentes se dirixía ao seu domicilio antes de proceder ao intercambio.

HOMES DE PALLA

Durante as investigacións observouse que o rexente do local utilizaba en ocasións a terceiras persoas para realizar os labores de venda e “así tratar de pasar mais desapercibido“. De feito, o terceiro arrestado actuou nestas condicións.

Na última fase do operativo policial, os axentes solicitaron a entrada e rexistro do domicilio dos detidos, onde se interviñerone máis de 200 doses de marihuana e haxix, elementos de precisión para o pesado da droga, material para envolvela, un centenar de pastillas de cor azul, diferentes elementos tecnolóxicos, unha pistola de impacto e máis de 1.200 euros en metálico. Xa no local, tamén se incautaron uns 5.000 gramos de tabaco picado e varios paquetes para a súa venda.

Así mesmo, deuse conta aos servizos de subministración de enerxía eléctrica de que a luz estaba enganchada fóra dos contadores, co que “se podería estar a cometer un delito de defraudación de fluído eléctrico“. Ademais un dos teléfonos móbiles intervidos figuraba como subtraído nas bases de datos da Dirección Xeral da Policía.

Unha vez finalizada a investigación, deuse traslado á autoridade xudicial, á espera de xuízo. Un dos detidos quedou en liberdade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...