InicioSucesosAtopan un octoxenario desorientado que desaparecera en Lugo

Atopan un octoxenario desorientado que desaparecera en Lugo

O home foi localizado nunha zona boscosa próxima ao seu domicilio, na parroquia de Teixeiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional atoparon nunha zona boscosa de Lugo a un home de 87 anos que desaparecera. Localizárono desorientado, produto das lagoas mentais que padece e que lle fan perder a noción do espazo.

Segundo informou a Policía Nacional, a última hora da tarde deste luns, a sala do 091 recibiu aviso da desaparición desta persoa na parroquia de Teixeiro. Descoñecían o seu paradoiro desde as 16:00 horas, polo que se puxo en marcha un dispositivo para a súa localización, coa implicación dos indicativos dispoñibles de Radiopatrullas e a colaboración dos integrantes da Brigada de Policía Policial Xudicial.

O domicilio da persoa desaparecida atópase entre unha zona boscosa, así que alí foi onde se estableceu o dispositivo, que tamén contou coa colaboración dos veciños. Os seus familiares manifestaron que, a pesar dos achaques que padece, o octoxenario “podía camiñar sen dificultade”.

“A maleza” existente nesta área complicaba o acceso, pero os efectivos camiñaban ao tempo que chamaban o home polo seu nome. Pareceulles escoitar unha resposta de forma débil, así que apuraron a suba para, finalmente, atopar con vida o octoxenario desaparecido.

Estaba “totalmente empapado, tiritando e con síntomas de hipotermia“, indicou a Policía, que engadiu que “camiñaba apoiado nun pau a modo de bastón”. Por iso, trataron de “darlle calor” e camiñaron ata un lugar onde puidese acceder un vehículo. Posteriormente, o home puido ser trasladadado en ambulancia ata o Hospital Universitario Lucus Augusti, onde se lle realizou unha valoración médica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...