InicioSucesosInvestigados dous mozos por roubar en tres comercios do centro de Lugo

Investigados dous mozos por roubar en tres comercios do centro de Lugo

Os feitos remóntanse aos días 28 e 29 de outubro e sucederon en establecementos das rúas do Progreso e na Rúa Nova.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada Provincial de Policía Xudicial esclareceron o roubo de pezas de roupa en tres establecementos do centro da cidade polo que foron investigados dous mozos.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos remóntanse aos días 28 e 29 de outubro, cando dous individuos homes se dedicaron a furtar diferentes pezas de roupa de nenos nos establecementos das rúas do Progreso, en dúas ocasións, e na Rúa Nova.

Unha vez os propietarios dos tres establecementos presentaron as correspondentes denuncias, procedeuse co “correspondente e laborioso labor de dar identificado os autores dos furtos”, destacaron as mesmas fontes.

Tras tomar as correspondentes declaracións e visionado de imaxes das diferentes cámaras nos comercios que foron vítimas dos furtos e dos demais que están na contorna destes, a Policía verificou que “os autores son os agora imputados por un delito leve de furto, xa que as pezas furtadas alcanzan un valor total de 363“, concreta a Policía.

Os imputados son dous homes veciños da cidade de 34 e 45 anos, respectivamente, ambos con antecedentes. De todo o instruído informouse ao xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...