InicioSucesosDesarticulan un punto de venda de drogas en Lugo tras denunciar veciños...

Desarticulan un punto de venda de drogas en Lugo tras denunciar veciños “trasfega” de persoas

O operativo policial levouno a cabo o Grupo primeiro de Policía Xudicial, que realizou vixilancias e comprobacións, que conduciron á verificación dos feitos e a detención do "trapichero".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home de media idade veciño da cidade, que conta “con innumerables antecedentes policiais”, por un delito de tráfico de drogas tras denunciar veciños da zona “trasfega” de persoas alleas ao lugar.

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos parten de finais do mes de agosto, cando veciños da zona do Sacro Corazón e asociacións do barrio fixeron chegar á Comisaría Provincial “queixas e informacións” de detectar no barrio “un movemento e trasfega de xente que non vive na zona” e que “sempre se pon en contacto coa persoa agora detida, á cal describen dunha maneira moi eficaz”, destacan as mesmas fontes.

Froito diso a Comisaría provincial puxo en marcha unha operación, primeiro a través do delegado de Participación cidadá, quen acudiu ao barrio para informar os veciños, comerciantes e asociacións de que se traballaba para comprobar os feitos e solucionar o problema.

Doutra banda o operativo policial levouno a cabo o Grupo primeiro de Policía Xudicial, que realizou vixilancias e comprobacións, que conduciron á verificación dos feitos e a detención do “trapichero”.

Durante a investigación levaron a cabo ata nove actas por posesión de substancias estupefacientes, en relación a heroína. A Policía incidiu en que a venda e pases da droga efectuábanse nas inmediacións do Paseo do Intre, Camiño de Frias, rotonda do Sacro Corazón.

“RENDAS”

Alí, indican as mesmas fontes, os consumidores acudían en ocasións a pé e, en moitos casos, a bordo de vehículos, denominados “rendas”, subliña a Policía, para despois desprazarse neles e realizar o consumo fóra da cidade en zonas despobladas e escampados.

Na mañá deste mércores o detido, con 18 arrestos anteriores, este martes foi posto a disposición do xulgado de garda, ao que se remitiu o ateigado policial.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...