InicioCulturaÁ venda as entradas para O Son do Camiño, con Pablo López...

Á venda as entradas para O Son do Camiño, con Pablo López en Lugo

O festival O Son do Camiño saca á venda as entradas para as citas nas cidades de Galicia, con Lugo como derradeira parada, o sábado 17 de novembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais completarán este outono a programación de O Son do Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021. Despois de que o festival tivera a inauguración en Santiago de Compostela, as novas citas musicais ampliarán o seu alcance ao resto de cidades galegas atravesadas polos diversos itinerarios xacobeos.

O cartel estará protagonizado por The Hives na Coruña e Miguel Poveda, en Ferrol, ambos concellos do Camiño Inglés; en Lugo, cidade pola que discorre o Camiño Primitivo, recalará Pablo López; mentres que en Ourense, na Vía da Prata, actuará Rodrigo Leao. Finalmente, José González pasará por Pontevedra, no Camiño Portugués, e Mon Laferte por Vigo, no Camiño Portugués da Costa, pechando así a programación da primeira edición do evento.

As seis citas darán continuidade á primeira cita dun festival que, ao longo de tres xornadas, congregou a 84.000 asistentes de 12 países no revitalizado Parque Monte do Gozo. O Son do Camiño aspira a espallar e promover a imaxe de Galicia a través dun dos seus principais activos culturais e turísticos, o Camiño de Santiago.

A Xunta é o principal patrocinador deste calendario, que aposta pola descentralización e á desestacionalización, enriquecendo a programación musical de outono, época tradicionalmente lonxe dos principais eventos.

O único punto de venda oficial é a páxina web osondocamino.es e as diferentes webs indicadas para cada concerto (ataquilla.com ou entradasatualcance.com, dependendo do evento).

Concerto de Rodrigo Leão en Ourense
Sábado 20/10/2018 – Auditorio Municipal
Dende 25 € + gastos. Á venda proximamente.

Concerto de Jose González en Pontevedra
Venres 26/10/2018 – Teatro Afundación
Dende 29 € + gastos.

Concerto de Miguel Poveda en Ferrol
Sábado 3/11/2018 – Auditorio Municipal
Dende 45 € + gastos. Á venda proximamente.

Concerto de Mon Laferte en Vigo Mércores 7/11/2018 – Teatro Afundación
Dende 16 € + gastos.

Concerto de The Hives en A Coruña Sábado 10/11/2018 – Sala Pelícano
29 € + gastos.

Concerto de Pablo López en Lugo
Sábado 17/11/2018 – Pazo de Feiras e Congresos
Dende 29 € + gastos.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...

A CIG acusa á patronal da limpeza de Lugo de ir á mediación “sen ningún avance”

A CIG criticou que a patronal da limpeza de Lugo acudise este luns á...

O lucense Antonio de Ron, distinguido co ‘Meritorius Service Award’ dunha insitución dos EE.UU.

Antonio de Ron Pedreira (Lugo, 1952), profesor vinculado 'ad honorem' do Consello Superior de...

Desarticulado un ‘punto negro’ de venda de droga en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de tráfico...