InicioLugo e contornaGuntínFerido un home ao quedar atrapado nun accidente de tractor en Guntín

Ferido un home ao quedar atrapado nun accidente de tractor en Guntín

Un home resultou ferido ao quedar atrapado no apeiro do tractor que manexaba no municipio lugués de Guntín, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido ao quedar atrapado no apeiro do tractor que manexaba no municipio de Guntín, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

O accidente tivo lugar ás 17,30 horas deste venres no lugar de Ferreira. A vítima foi liberada por varias persoas que presenciaron o accidente e que foron as encargadas de dar o aviso á central de emerxencias.

Ata o lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 para atender ao ferido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...