InicioSociedadeIdentifican un lugués que obtiña 300 euros diarios coa suposta venda de...

Identifican un lugués que obtiña 300 euros diarios coa suposta venda de lotaría falsa

A Garda Civil deu en Becerreá cun veciño de Folgoso do Courel que posuía máis de 350 billetes ilexítimos para a súa posterior distribución. O suxeito utilizaba como 'gancho' a súa presunta pertenza a unha asociación de persoas con discapacidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil identificou en Becerreá un veciño do municipio lucense de Folgoso do Courel como presunto autor da venda de boletos de lotaría falsos.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado día 28 deron cunha persoa que tiña no seu poder máis de 350 boletos de lotaría que “presentaban un gran parecido aos lexítimos”. Ao parecer, o home aproveitaba como ‘gancho’ a súa ” presunta pertenza a unha asociación de discapacitados”.

Así, din as mesmas fontes, estes boletos eran vendidos por un importe de un e dous euros. Porén, pola parte posterior do papel, as instruccións “non indicaban como se podía obter o premio en caso de gañar, polo que o cliente final nunca chegaría a obter ningunha compensación económica” aínda que acertara a combinación gañadora, destacan. Neste suposto ilícito, o individuo valeríase doutras persoas “que lle facilitarían a impresión dos boletos para a súa posta en circulación en zonas e actos de gran afluencia de xente en localidades da provincia de Lugo”, destaca a Benemérita.

Este dispositivo policial “completa o establecido anteriormente o pasado mes de maio”, no cal se deu conta á autoridade xudicial de Becerreá de supostos “delitos de usurpación de identidade e delito continuado de estafa no seo dunha organización criminal”.

Así pois, a Garda Civil explica que desarticulou este punto de venda de lotaría e rematou co negocio fraudulento do identificado, que “chegaba a obter máis de 300 euros ao día coa distribución destes boletos”. Segundo aseguraron as mesmas fontes, este feito causaba “alarma social na poboación”, xa que intentaban cobrar os boletos premiados “crendo que eran lexítimos”, pero non conseguían ningunha recompensa económica.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...