InicioTerra CháA PastorizaInvestigada en Antas de Ulla por simular o roubo dun móbil de...

Investigada en Antas de Ulla por simular o roubo dun móbil de 1.100 euros

Outra na Pastoriza pasou a disposición xudicial por roubar supostamente xoias valoradas en 5.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil ha imputado en calidade de investigada por un suposto delito de simulación de delito a unha veciña de Antas de Ulla, de 35 anos de idade, que é sospeitosa de presentar unha denuncia falsa polo suposto roubo dun teléfono móbil valorado en 1.100 euros.

Segundo informou o instituto armado nun comunicado, a persoa investigada presentouse en dependencias oficiais da Garda Civil o pasado mes de abril para denunciar que lle furtaron un móbil de alta gama. Por mor da denuncia iniciáronse as pescudas, pero os investigadores da Garda Civil reuniron probas para imputar á muller como investigada por simulación de delito.

A muller investigada, supostamente por presentar unha denuncia falsa, xa pasou a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada.

A PASTORIZA

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha muller de 41 anos de idade, veciña do municipio lucense da Pastoriza, como suposta autora do furto de xoias valoradas en 5.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...