InicioLugo e contornaLugoTraballadores do centro de día municipal de Lugo non cobran as nóminas

Traballadores do centro de día municipal de Lugo non cobran as nóminas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato Comisións Obreiras instou ao Concello de Lugo a liquidar “os problemas de liquidez do centro de día público Novo Antonio Gandoy”, dado que o persoal do mesmo aínda non cobrou a nómina correspondente ao mes de febreiro.

Segundo informou o sindicato, a empresa concesionaria dese servizo informou de que o Concello de Lugo lle debe ” unha importante cantidade” de diñeiro, “equivalente a varias mensualidades de prestación do servizo”.

Por tanto, a mediados de marzo, a empresa continúa sen ingresarlles aos traballadores a última nómina, á vez que a administración local tampouco lle librou á empresa o pago das mensualidades que lle debe.

Comisións Obreiras teme “que a situación poida empeorar”, porque “xa non só falamos do persoal, senón tamén da atención ás persoas usuarias, que son unha prioridade para todos”, afirma nun comunicado.

Por iso, pediu ao Concello que “axilice os trámites” para abonarlle á empresa o diñeiro que lle debe pola prestación dos servizos” e a “tomar as medidas necesarias para evitar que a situación se repita”.

Ademais, o sindicato lembra que está en proceso unha nova licitación deste servizo.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...