InicioBierzoO premio de promoción do galego no Bierzo esténdese a Seabra

O premio de promoción do galego no Bierzo esténdese a Seabra

PUBLICADA O

- Advertisement -

Villafranca del Bierzo (León) foi o escenario este luns da presentación da segunda edición do chamado Premio Morales, en homenaxe ao escritor Antonio Fernández Morales, enterrado en Cacabelos (León), que pretende promocionar o galego, nesta ocasión coa incorporación da parte de Seabra (Sanabria, en castelán), en Zamora.

Outra das novidades presentadas polos convocantes do premio é que o obxecto do concurso, destinado a alumnos desta lingua no Bierzo e Seabra, teña como obxecto principal o filandón. Os traballos uniranse nun libro que publicará Edicións Positivas.

Para a presidenta do Instituto de Estudos Bercianos ( IEB), Mar Palacio, este concurso supón poñer o acento no “testemuño etnográfico deixado por Fernández Morais” na comarca.

O presidente do Consello comarcal, Gerardo Álvarez Courel, estivo na presentación, así como o director xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García e o director xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación, Jesús Hurtado.

Na actualidade hai 927 estudantes de Primaria e 133 de Secundaria que estudan galego no Bierzo, ademais de 52 na Escola Oficial de Idiomas. Ademais, o Consello Comarcal realiza unha publicación ao ano en galego.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...