InicioSociedadeA Policía reforzará o luns a procura da moza desaparecida en Lugo

A Policía reforzará o luns a procura da moza desaparecida en Lugo

Os axentes manteñen como principal hipótese a desaparición voluntaria e realizaron durante a fin de semana unha busca máis discreta coa colaboración da familia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional continuará este luns con medios reforzados a procura de Carmen L. R., a moza de 24 anos desaparecida en Lugo desde o pasado 21 de xullo. Durante a fin de semana, os axentes desenvolveron un dispositivo máis discreto na contorna do río Miño e noutras zonas coñecidas pola desaparecida, reducindo a presenza de persoal uniformado e incorporando familiares ás tarefas de busca.

A investigación permanece aberta e, segundo fontes policiais, a principal hipótese é a dunha desaparición voluntaria, aínda que se continúan valorando todas as posibilidades. A procura comezou o martes tras a denuncia presentada pola familia, despois de que a asociación SOS Desaparecidos activase unha alerta por tratarse dun caso de “alta vulnerabilidade”. O luns anterior, a moza xa protagonizara un episodio similar e fora localizada polos axentes.

Nos últimos días, o operativo contou coa participación de unidades de cabalaría, drons aéreos e acuáticos e centrouse especialmente na contorna do río Miño, entre o Carrefour e a Fábrica da Luz. A partir deste luns, a Policía incrementará o número de efectivos e decidirá as novas zonas de busca en función da información recollida durante a investigación. Está a colaborar coa Policía Nacional a unidade Subacuática da Xunta e hai previsión de que este martes se incorporen á procura tamén unidades caninas, e, se non aparece, de face ao fin de semana incorporarase a cabalaría, segundo explicaron a Europa Press fontes da Policía Nacional de Lugo.

Segundo os datos difundidos por SOS Desaparecidos, Carmen mide arredor de 1,65 metros, é de complexión delgada, ten o pelo moreno e os ollos azuis. No momento da desaparición vestía o uniforme de traballo de Carrefour. A entidade solicita a colaboración cidadá e lembra que calquera información de interese pode comunicarse á Policía Nacional, á Garda Civil ou aos servizos de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...