InicioLugo e contornaLugoMiguel Fernández acusa o Goberno local de desviar fondos europeos para proxectos...

Miguel Fernández acusa o Goberno local de desviar fondos europeos para proxectos xa orzamentados

Critica a Elena Candia por renunciar á transformación de Lugo ao modificar o proxecto Novo Norte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou a decisión do Goberno local de modificar a estratexia Novo Norte, ao considerar que supón renunciar “a unha transformación urbanística clave para a cidade e destinar fondos europeos a financiar proxectos que xa estaban previstos con recursos municipais”.

Fernández cualificou a medida de “grave erro estratéxico” e pediulle á alcaldesa que rectifique, ao entender que se está desaproveitando unha “oportunidade histórica” para modernizar a zona norte de Lugo, “a máis poboada da cidade e unha das que presenta maiores necesidades urbanísticas”. O dirixente socialista censurou que os fondos europeos se destinen agora a actuacións como o aparcadoiro de O Ceao ou a reforma das naves municipais da Milagrosa, proxectos que, segundo lembrou, xa estaban incluídos nos orzamentos municipais. Ao seu xuízo, este cambio non supón atraer máis investimento para Lugo, senón substituír financiamento municipal por fondos europeos para liberar recursos e destinalos a outros fins.

Fernández defendeu que o obxectivo de Novo Norte era precisamente aproveitar o financiamento europeo para executar actuacións estruturais que o Concello dificilmente podería afrontar en solitario e subliñou que estes recursos deben servir para transformar a cidade e non para substituír investimentos xa previstos. Entre os proxectos que considera prioritarios destaca a remodelación integral da Avenida da Coruña, concibida como un gran bulevar urbano con máis espazo para os peóns, zonas verdes, melloras de accesibilidade e un impulso da actividade comercial. Tamén reclama completar a Segunda Rolda mediante a eliminación do denominado tapón urbanístico de Dona Urraca e a conexión entre Escultor Asorei e a rúa Amizade para reorganizar o tráfico na zona norte.

O voceiro socialista lamenta que o Goberno local paralizase este proxecto sen presentar, ao seu xuízo, “unha alternativa de mobilidade e planificación urbana para esa zona de Lugo”. Así mesmo, acusou a Candia de actuar por motivos políticos e de centrar a súa xestión en desfacer iniciativas impulsadas polo anterior Executivo no canto de valorar a súa utilidade para a cidade. Por último, Miguel Fernández instou a alcaldesa a pensar “máis alá do seu mandato” e a recuperar a estratexia inicial de Novo Norte, convencido de que “representa unha oportunidade única para definir o modelo de cidade das próximas décadas e mellorar a calidade de vida dos veciños do norte de Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...