InicioSociedadeA Audiencia de Lugo avala cambiar os apelidos a dous menores tras...

A Audiencia de Lugo avala cambiar os apelidos a dous menores tras probarse por ADN que non eran fillos biolóxicos

A xustiza dá prioridade ás probas periciais fronte á convivencia familiar e confirma a eliminación da paternidade no rexistro, aínda que a nai advertía de posibles consecuencias psicolóxicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo avalou nunha sentenza a obrigatoriedade de cambiar os apelidos a dous menores de Viveiro tras demostrarse mediante probas de ADN que non eran fillos biolóxicos do home que figuraba como pai. O auto ratifica así a resolución do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro, que xa fallara a favor do demandante, quen solicitara que os nenos deixasen de levar o seu apelido e empregasen só os da nai, ademais de eliminar a súa paternidade da inscrición de nacemento.

Nas dúas resolucións xudiciais prevalecen as probas periciais de ADN por riba da convivencia familiar, xa que, malia que os menores naceron durante o matrimonio, quedou acreditado que non existía vínculo biolóxico co demandante. Pola súa banda, a nai, que presentou recurso ante a Audiencia, argumentaba que non se debía excluír a paternidade porque o home mantivera relación de convivencia cos menores e advertía de que o cambio de apelidos podería causarlles problemas psicolóxicos. En todo caso, a decisión xudicial aínda pode ser recorrida en casación ante o Tribunal Supremo.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...