InicioSociedadeA Xunta nega "colapso" no HULA e atribúe a morte de dous...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

Reivindica que o dispositivo asistencial do HULA mantén indicadores de atención dos "máis áxiles do sistema sanitario galega".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) estea a afrontar unha situación de “colapso”, tal e como denunciaron algúns celadores e pacientes nas últimas horas. De feito, fontes do centro hospitalario apuntan que as urxencias atendidas nos últimos días foron menos que a media habitual.

O dispositivo asistencial, formado por máis de 240 profesionais para “atender unha media diaria de entre 250 e 270 urxencias“, mantén indicadores de atención e resolución dos “máis áxiles do sistema sanitario galego”. “Mesmo nos períodos de maior presión asistencial, o servizo mantivo en todo momento plena capacidade operativa, sen situacións de colapso”, insisten.

Explican que o servizo conta na actualidade con 48 celadores, o que o sitúa como o dispositivo hospitalario de Galicia “con maior dotación proporcional desta categoría profesional”. “Trátase dun dato obxectivo que fai falta pór en valor ante determinadas afirmacións que non se corresponden coa realidade organizativa do servizo”, destacan.

No que respecta aos medios materiais, aseguran que se dispón dos recursos “necesarios” para o desenvolvemento da actividade diaria “con total normalidade”. Explican que o material se envía regularmente e nas cantidades suficientes e “dimensionadas” aos consumos de cada dispositivo asistencial, ademais de contar con mecanismos que “aseguran a reposición urxente de material” en situacións excepcionais.

VINCULACIÓN “INTERESADA” A FALECEMENTOS

Por último, en canto aos dous falecementos das últimas horas, indican que presentaban unha situación clínica “moi delicada” e desmenten que as súas mortes teñan “relación algunha” coa atención sanitaria prestada. En ambos os casos, os pacientes tiñan idades moi avanzadas e presentaban situacións clínicas “moi complexas, marcadas por múltiples patoloxías de base e cunha elevada fraxilidade previa” no momento no que chegaron ao hospital.

Defenden que ambos foron avaliados, diagnosticados e atendidos “en todo momento” conforme aos protocolos asistenciais establecidos, “permanecendo baixo seguimento clínico continuado polos facultativos do servizo de urxencias”.

Ademais, consideran “especialmente grave” que falecementos ligados á evolución clínica de pacientes poidan utilizar “de forma interesada”, “sen a necesaria consideración” cara a eles, as súas familias e os profesionais sanitarios implicados.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...