- Advertisement -
O incendio declarado o pasado luns no concello lucense de Navia de Suarna, na parroquia de Vallo, quedou extinguido durante a noite tras queimar 14 hectáreas. Segundo informan fontes da Consellería do Medio Rural a Europa Press, o lume quedou extinguido ás 21,39 horas de luns. O lume iniciouse ás 15,48 horas.
Nas tarefas participaron un helicóptero, nove brigadas, oito motobombas, seis axentes, unha pa e un técnico.
