InicioSociedadeXulgado en Lugo un home acusado de tentar secuestrar e forzar o...

Xulgado en Lugo un home acusado de tentar secuestrar e forzar o matrimonio dunha menor de Vilalba

A vítima non o recoñeceu no xuízo e o acusado gardou silencio; enfróntase a cinco anos de prisión por un presunto secuestro nas festas de 2023.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo levou a xuízo este martes a un home de orixe romanesa acusado de secuestrar, xunto ao seu fillo e a súa nora, a unha moza de Vilalba coa intención de obrigala a contraer matrimonio, delito polo que lle piden cinco anos de prisión e a prohibición de achegarse á vítima por un período de seis anos. O xuízo contra o fillo e a súa nora celebrouse no mes de marzo do ano pasado e no mesmo non compareceu este acusado debido a que estaba en paradoiro descoñecido e declarado en rebeldía.

Nesa primeira sesión a vítima, unha moza que de 17 anos que no momento dos feitos tiña 14, non identificou os acusados como autores, o que levou á absolución de ambos. Nesta ocasión, o procedemento desenvolveuse da mesma forma. En primeiro lugar, foi chamado ao estrado o acusado, que, acolléndose aos seus dereitos, negouse a contestar a ningunha pregunta. A vítima, que nesta ocasión declarou tras biombo sen a compañía da súa nai, coma se fixera no anterior procedemento, tamén negou recoñecer ao acusado como presunto autor dos feitos e tampouco coincidiu na descrición da furgoneta co devandito na instrución do caso.

Os feitos remóntanse a setembro de 2023, durante a celebración das festas patronais en Vilalba. Segundo se recolle na acusación, a moza camiñaba pola tarde xunto ao seu irmán, en dirección á súa casa, cando foi interceptada por unha furgoneta da que saíu unha muller, que a meteu á forza no vehículo. Poucos metros máis adiante, a moza logrou saír do mesmo polos seus propios medios e fuxiu á súa casa, moi próxima ao lugar, onde estaba o seu pai. Estes denunciaron o secuestro culpando directamente á familia dos acusados, residentes en Rábade, cos que tiñan varias disputas.

Posteriormente, púxose en marcha un operativo porque se temía que a familia da moza atacase á outra por este feito, unha actuación que explicaron os axentes no primeiro xuízo. Da mesma forma que recoñeceron que a vítima identificara aos tres acusados a través de fotos de Facebook, aínda que nos dous xuízos negou que fosen eles os autores. No xuízo deste martes tamén declarou o pai e o irmán da vítima, o primeiro dixo que culpou a esa familia “porque mo dixo a nena” e o mozo, que estaba coa moza cando foi secuestrada, asegurou novamente que non puido recoñecer a ninguén aínda que se dixo que foran dous homes e unha muller.

A fiscal chamou a declarar tamén a un dos gardas civís, que explicou o mesmo que a vez anterior, a posta en marcha do operativo ante o aviso de pelexa e a identificación dos acusados por parte da vítima. A acusación tamén rexeitou a declaración do resto de gardas civís citados, mentres que a defensa renunciou pola súa banda á declaración da psicóloga o Imelga.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo pon en marcha o transporte rural a demanda este luns con conexións ao HULA e ao centro

O servizo municipal de transporte rural a demanda de Lugo comezará a funcionar o...

Máis dun milleiro de persoas cortan a N-540 para esixir o arranxo dunha vía “intransitable”

Máis dun milleiro de manifestantes, segundo o presidente da Asociación Xuntos por Lugo, Alberto...

Besteiro acusa á Xunta de actuar “de costas ás persoas” en política social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao Goberno galego de...

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...