InicioSociedadeAlerta amarela por xeadas na montaña lucense

Alerta amarela por xeadas na montaña lucense

Espéranse nevadas por encima dos 800 metros, ocasionalmente baixando ata os 600, e a Deputación pide precaución ao volante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dispositivo da Deputación de Lugo, composto por 16 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio e 48 operarios, traballa este domingo en despexar a neve e garantir a circulación nas estradas da montaña da provincia.

Os labores, que se iniciaron días atrás, céntranse especialmente nos municipios con cotas máis altas, onde se manteñen acumulacións de xeo de ata 5 centímetros e onde a alerta amarela seguirá vixente durante a xornada, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En total, a montaña de Lugo abrangue 180 estradas provinciais que suman 1.000 quilómetros en municipios como Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela. A Deputación chama á precaución á hora de circular, especialmente a partir do mediodía, cando se espera que as condicións empeoren.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...