O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día 30 a sexta edición dunha campaña solidaria de recollida de kits de alimentación para bebés de entre 6 e 18 meses.
Os produtos doados deberán depositarse na biblioteca dos xulgados, situada na planta -1, en horario de 10.30 a 13.30 horas. Posteriormente, serán distribuídos por Cruz Vermella entre familias da provincia de Lugo. A campaña está aberta a toda a cidadanía e ás empresas que desexen colaborar.
En concreto, o kit destinado a bebés está formado por: dous paquetes de cereais sen glute (600 gramos), catro potitos de froita (250 gramos), catro potitos de carne e arroz (250 gramos), catro cueiros de 6-10 quilos (50 unidades), dous paquetes de galletas María (200 gramos), catro botes de leites de continuación (900 gramos), catro potitos de peixe e verduras (2502 gramos) e catro potitos de xamón, tenreira e verduras (2502 gramos). Os participantes na campaña solidaria poden achegar os produtos que desexen do set de alimentos.
