InicioSociedadeXulgado en Lugo por levar droga á prisión de Monterroso para o...

Xulgado en Lugo por levar droga á prisión de Monterroso para o seu fillo

A Fiscalía pide catro anos de cárcere para o acusado, interceptado con cannabis e heroína cando acudía ao centro penal o 27 de xaneiro de 2024.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fiscalía solicita unha pena de catro anos de cárcere para un home ao que se xulgará o día 2 na Audiencia Provincial de Lugo por un delito contra a saúde pública. No escrito fiscal, sinálase que o acusado, o día 27 de xaneiro de 2024, sobre as 17.00 horas, “acudiu ao centro penal portando no peto do seu pantalón droga”.

En concreto, indica que eran tres porcións de resina de cannabis, de 21,385 gramos de peso en total, e dúas bolsiñas termoseladas con 0,321 gramos de heroína. Ditas sustancias, engade o Ministerio Público, estaban destinadas ao fillo do procesado, interno no centro penal de Monterroso.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...