InicioSociedadeAvogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo con motivo das Xornadas de Avogados e Avogadas contra a Violencia de Xénero, un foro xa consolidado como espazo de reflexión e debate sobre como protexer mellor ás vítimas e avanzar na erradicación da violencia machista en todas as súas formas: vigaira, económica, sexual e dixital.

O presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Salvador González, reclamou durante a inauguración “unha xustiza próxima para as vítimas” e alertou de que a concentración de xulgados de violencia de xénero podería supor “un distanciamento da xustiza respecto das propias vítimas”. Neste sentido, advertiu que “o novo modelo de planta non pode castigar aos partidos xudiciais pequenos ou despoblados, porque con iso se está castigando tamén ás vítimas, o cal é inaceptable”.

González tamén pediu corrixir os “fallos” detectados nas pulseiras telemáticas para maltratadores, subliñando que “estes dispositivos son vitais para a súa protección, non cabe o máis mínimo fallo”. Así mesmo, reiterou a reivindicación da Avogacía de facer preceptiva a asistencia letrada ás vítimas antes e na formulación da denuncia, unha medida avalada polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, pero aínda pendente de incorporación legal.

Pola súa banda, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, destacou a importancia destes espazos profesionais “para seguir profundando na prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero“, e puxo en valor as políticas pioneiras impulsadas polo Goberno galego. Lembrou que Galicia foi a primeira comunidade en habilitar unha prestación económica periódica para as mulleres vítimas, co obxectivo de fomentar a súa independencia, e que a súa lei galega de violencia de xénero inclúe tamén ás vítimas de violencia sexual, ofrecéndolles a mesma protección.

Barba subliñou ademais a colaboración co tecido asociativo, fundamental para mellorar os recursos de acollida e as actividades de sensibilización cidadá. Neste marco, mencionou avances como o II Plan galego contra a trata de seres humanos e a explotación sexual e a futura Lei de Acoso e Violencia Dixital que impulsa a Xunta.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...