InicioSociedadeO TSXG avala a continuidade da licitación do programa Aprende Xogando tras...

O TSXG avala a continuidade da licitación do programa Aprende Xogando tras a denuncia de CC.OO.

Os maxistrados entenden que non se ofreceu por parte do sindicato recorrente "unha mínima explicación dos prexuízos de imposible ou difícil reparación que podería xerar a culminación do proceso de licitación", que se atopa nunha fase moi avanzada, ao procederse á apertura do sobre de oferta económica o día 3 de xullo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) denegou a medida cautelar solicitada polo sindicato Comisiones Obreras (CC.OO.) coa que se pretendía a suspensión do procedemento de licitación e adxudicación do programa Aprende Xogando do Concello de Lugo. A decisión foi tomada pola sala de vacacións do Alto tribunal galego, encargada de atender en agosto os asuntos urxentes que non admiten demora. Neste caso, o recurso contencioso-administrativo foi presentado polos trámites do procedemento especial de protección dos dereitos fundamentais.

Con todo, os maxistrados entenden que non se ofreceu por parte do sindicato recorrente “unha mínima explicación dos prexuízos de imposible ou difícil reparación que podería xerar a culminación do proceso de licitación”, que se atopa nunha fase moi avanzada, ao procederse á apertura do sobre de oferta económica o día 3 de xullo pasado. Ademais, engaden na súa resolución que se trata da “execución dun programa cuxas bases e pregos de prescricións técnicas veñen a ser substancialmente iguais ás de procedementos de licitación anteriores, segundo se pode comprobar a través da plataforma de contratación do sector público”.

Por iso, a sala conclúe afirmando que “na ponderación dos intereses en conflito, se se ten en conta a prioridade que debe darse á prestación dun servizo público que consiste na execución dun programa pedagóxico de apoio á conciliación, non se aprecian motivos para acceder á medida cautelar que se postula, sen que iso supoña prexulgar un pronunciamento sobre o fondo das cuestións que constitúen o obxecto do recurso, a dirimir no proceso principal”.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...