InicioLugo e contornaLugoPrimeiros traballos para Miguel Fernández: obras no centro histórico e a aprobación...

Primeiros traballos para Miguel Fernández: obras no centro histórico e a aprobación dos orzamentos

O novo alcalde de Lugo asegurou que nestes primeiros días "xa está todo funcionando".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo unha primeira valoración dos seus primeiros días como alcalde, asegurando que os está vivindo “con normalidade” e que os seus primeiros proxectos a curto prazo son os orzamentos e terminar as obras do centro histórico.

Coñecedor das reviravoltas do Concello e de todos os funcionarios como é, asegurou que nestes primeiros días “xa está todo funcionando”.

Tal e como avanzara antes do pleno de investidura, nada máis tomar posesión como alcalde asinou un primeiro decreto de organización, que ten carácter provisional e que mantén a repartición de responsabilidades como estaba, “para que a mecánica do Concello funcionase, porque hai que seguir prestando servizo aos cidadáns e seguir avanzando neses proxectos ambiciosos que temos marcados”.

Fernández comezou cunha visita a todas as áreas de Goberno e a todos os traballadores, que espera completar nos próximos días. Tamén en breve darase a coñecer o decreto definitivo, “no que hai que incorporar un novo concelleiro”. Entende o novo mandatario “que as cousas estaban a saír ben, polo que temos vocación continuista”.

A aprobación dos orzamentos é a primeira tarefa do novo alcalde, e tamén a máis urxente, polo que esperan celebrar un pleno “en breve”. Tamén avanzou Fernández que a súa prioridade é terminar as obras no centro histórico, que levan xa moito atraso e que orixinaron moitas protestas por parte dos veciños e comerciantes.

“Queremos acabalas canto antes e que a xente vexa que vai quedar moi bonito”, dixo e avanzou que buscarán ese final de obra “estando en contacto coa empresa, esixindo que cumpran os prazos e pondo da nosa parte co que faga falta para axilizar este último proceso”.

Tamén tivo unhas palabras o alcalde en clave continuista sobre o pacto co BNG, co que manterán a mesma liña de relación e colaboración “cordial e con lealdade institucional”. Farán unha reunión da comisión de seguimento do pacto “pero non relacionado coa situación actual, senón porque xa lle tocaba”.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...