InicioSociedadeEn Castroverde, Baleira e A Fonsagrada non se poden pedir citas para...

En Castroverde, Baleira e A Fonsagrada non se poden pedir citas para o pediatra ata abril

O BNG denunciou este martes a "falta de atención pediátrica" nestes concellos lucenses. Hai familias que se ven obrigadas a desprazarse 60 quilómetros para chegar ata o PAC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG denunciou este martes a “falta de atención pediátrica” nos concellos lucenses da Fonsagrada, Baleira e Castroverde, deste xeito, detallou que as familias destes municipios descubriron este luns que non podían pedir cita en pediatría nin para o mes de febreiro nin para marzo. Deste xeito, a concelleira en Castroverde Iria Castro, explicou que o que ocorre é que derivan aos pacientes ao médico de cabeceira ou directamente ao momento de Atención Continuada (PAC) do Sacro Corazón.

“Esta non é a primeira vez que pasa, en xaneiro, coincidindo coas vacacións de Nadal, tampouco houbo servizo de pediatría durante dúas semanas e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) leva anos sen cubrir vacacións ou baixas“, denunciou. Doutra banda, os nacionalistas sinalaron nunha nota de prensa que as alternativas que se propoñen ás familias “non son válidas”, xa que aseguran que un médico de cabeceira “non é un especialista en nenos”.

Así mesmo, o Bloque sinalou que “se está obrigando a algunhas familias” a desprazarse ata 60 quilómetros para chegar á PAC e incidiu en que derivar aos nenos de tres concellos ao servizo de pediatría do Sacro Corazón, “sobrecarga un centro de saúde que xa ten moitos usuarios”. “A falta de pediatras é só a punta do iceberg nun sistema de saúde que opera ao límite, a escaseza de recursos humanos non é un fenómeno illado. Esiximos que se cubran tanto as baixas como as vacacións, merecemos unha sanidade pública e de calidade independentemente de onde vivamos”, esixiu Castro.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...

En marcha o Programa de Activación para a Transferencia do Campus Terra

A USC vén de poñer en marcha o Programa de Activación á Transferencia do...

O Concello de Lugo esixe a Adif a apertura inmediata ao tráfico da rúa Conde Fontao

As obras de reurbanización da rúa Conde Fontao están integradas dentro do proxecto de...