InicioSociedadeUn detido en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor...

Un detido en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor durante a Noitevella

Tres horas despois, outro home foi arrestado na rúa Mariña Española pola Policía Local por agredir á súa exparella, que decidiu non presentar denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 24 anos foi detido en Lugo por participar nunha suposta agresión sexual cometida contra unha menor de 16 anos durante Noitevella. Segundo informou a Policía Local de Lugo, a vítima denunciou que cando saía dun local de lecer nocturno ao redor das 03.00 horas da madrugada de Fin de Ano foi abordada e rodeada por un grupo de homes.

Dous dos membros do grupo comezaron a realizar tocamentos á menor, que quedou paralizada ata que puido chamar ao seu noivo, quen, momentos máis tarde, relatou o sucedido a unha patrulla da Policía Local que se atopaba na Rolda da Muralla. Un dos presuntos agresores, un home de 24 anos, foi interceptado na Rúa Santiago e detido para ser traslasdado a dependencias policiais.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Tres horas despois, outro home foi arrestado na rúa Mariña Española pola Policía Local por agredir á súa exparella, que decidiu non presentar denuncia. Unha testemuña relatou aos axentes que o home, que no momento no que chegou a patrulla se atopaba suxeitando a outro home, agarráraa, zarandeáraa e empuxáraa contra un portal.

Doutra banda, ás 12.00 horas do mércores 1 de xaneiro, outro home foi detido por un delito de violencia de xénero cometido contra a súa muller nun domicilio da praza Viana do Castelo. Os axentes personáronse na vivenda despois de recibir unha alerta. Unha vez alí, a filla do matrimonio, de 12 anos, relatou aos policías que o seu pai zarandeara á súa nai, algo que ocorría con frecuencia. A vítima confirmou a versión da súa filla e contou aos axentes que, un ano antes, o seu marido agredíralle na vía pública causándolle unha ferida nun ollo, aínda que non o denunciou. O home foi arrestado e trasladado a dependencias policiais, mentres que a vítima e a súa filla foron evacuadas a un centro hospitalario para que recibisen atención médica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...