InicioSociedadeOs traballos no viaduto do Castro, derrubado na A-6, rematarán a finais...

Os traballos no viaduto do Castro, derrubado na A-6, rematarán a finais de ano

Os nacionalistas esixen a Puente que se reúna coa plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia en Angrois.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Goberno central trasladou ao BNG que os traballos no viaduto do Castro, na autovía do noroeste (A-6), terminarán a finais deste ano 2024. “Tal e como recollía o acordo de investidura”, subliñan os nacionalistas. Respecto diso, a través dun comunicado, o deputado do Bloque no Congreso Néstor Rego reivindica o acordo alcanzado e comprométese a “seguir traballando para que Lugo e Galicia avancen”. Neste sentido, asegura que “co BNG, Galicia gaña”.

Nunha resposta do Goberno a preguntas do BNG, o Ministerio de Transportes afirma que as obras terminarán antes de que termine o actual exercicio. “Os traballos avanzan favorablemente e a data prevista para a súa finalización é finais de 2024, tal e como anunciou o ministro na súa visita a obra en decembro de 2023”, apunta o departamento.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...