InicioSociedadeCondenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade...

Condenado a catro anos de cárcere o rexente dun bar da cidade por traficar con drogas

Ademais, deberá pagar unha multa de 15.695 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao rexente dun bar da capital a catro anos de prisión por un delito contra a saúde pública, por dedicarse ao tráfico de droga. Ademais, deberá pagar unha multa de 15.695 euros. Segundo o fallo, ditado o pasado 6 de setembro e contra o cal aínda cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os maxistrados da audiencia consideran probado que o home entregaba as sustancias estupefacientes no seu establecemento.

Tal e como consta na sentenza, tras meses de investigacións, desde outubro de 2021 estableceuse un dispositivo policial de vixilancia no bar no que se puideron confirmar “habituais contactos do acusado con consumidores que acudían para proverse de cocaína”. Así, no fallo figura que se realizaron varias entregas de sustancias en días alternos ata que, o 27 de xaneiro de 2022, os axentes, “coa súa autorización”, accederon ao local e realizaron un rexistro no que se incautaron distintas cantidades de cocaína, pastillas de amipicilina, unha báscula, tres móbiles e un patinete eléctrico, efectos adquiridos co diñeiro gañado de maneira ilícita.

Ademais, no momento no que foi detido, o acusado levaba no peto do pantalón 50 euros procedentes desta venda e outros dous móbiles. Posteriormente, foi trasladado ao seu domicilio e, tamén co seu consentimento, realizouse un rexistro no cal entregou voluntariamente unha bolsa de cocaína, dous móbiles, un muíño de café e unhas tesoiras con restos desta sustancia.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...