InicioSociedadeMocidade galega no exterior participa en actividades de voluntariado en Viladonga

Mocidade galega no exterior participa en actividades de voluntariado en Viladonga

A Xunta de Galicia organiza e financia esta iniciativa que permite a 20 mozos coñecer Galicia e realizar labores de voluntariado no Castro de Viladonga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu este xoves no aeroporto de Alvedro a un grupo de mozos, beneficiarios do programa ‘Conecta co Voluntariado’, aos que felicitou por “fortalecer” os vínculos con “a súa terra de orixe”.

Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, esta iniciativa está destinada aos mozos galegos no exterior e se desarolla en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que pertence á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Deste xeito, ofrecen a 20 participantes a oportunidade de coñecer Galicia “a través de actividades de voluntariado”, que se realizarán no campo de traballo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, desde este xoves e ata o 9 de setembro.

Así mesmo, Rodríguez Miranda subliñou o “valor” das actividades de convivencia, formación e tempo libre que complementan o traballo voluntario, “creando unha experiencia enriquecedora tanto para os participantes como para as comunidades locais”.

Con todo, a Xunta lembrou que a organización da viaxe recae sobre o Goberno autonómico, así como o financiamento do programa, que ofrece a estes mozos a posibilidade de “coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...