InicioSociedadeSuspendido o xuízo contra un home acusado de ameazar a dúas persoas...

Suspendido o xuízo contra un home acusado de ameazar a dúas persoas cunha escopeta

O procesado, para quen a Fiscalía pide tres anos de cárcere, renuncia á defensa da súa letrada e deberá designar a outro avogado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xuízo oral contra un home acusado dun delito de tenencia ilícita de armas e de ameazar de morte a dúas persoas cunha escopeta nun establecemento de turismo rural situado nos arredores de Lugo foi suspendido este mércores na sala de vistas do Xulgado do Penal número 2 da capital lucense.

O procesado, un home de 50 anos con antecedentes penais por malos tratos no ámbito familiar, condución sen permiso de circulación e tenencia e porte de armas, compareceu no xuízo por videoconferencia para renunciar á defensa da súa letrada e da súa procuradora. Xa na quenda de cuestións previas, a avogada da defensa, designada de oficio, recoñeceu a existencia de “desavinzas” entre esta e o imputado, momento tras o cal o home manifestou ante a xuíza o seu desexo de renunciar aos servizos da letrada.

O acusado dispón agora dun prazo de 15 días para designar novos profesionais de maneira privada para o seu defensa na nova vista, que será reprogramada. Pola contra, a súa representación volverá ser asignada á quenda de oficio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...