InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación de Lugo conmemorará o Día do Medio Ambiente con talleres...

A Deputación de Lugo conmemorará o Día do Medio Ambiente con talleres para nenos, unha exposición e unha conferencia

O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, pór en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación. Son totalmente gratuítas e de asistencia libre.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo conmemora a próxima semana o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, cunha serie de actividades educativas e gratuítas deseñadas para nenos e adultos. O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, pór en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación, apunta a institución provincial.

Por unha banda, os talleres de educación ambiental levaranse a cabo os días 3, 4 e 6 de xuño, de 17.00 a 20.00 horas, na praza de San Marcos. As actividades están dirixidas a nenos a partir de 6 anos, e son totalmente gratuítas e de asistencia libre, sen necesidade de inscrición previa. Neles, os nenos elaborarán bombas de sementes e macetas de barro ou hoteis para insectos. No Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 4 de xuño, desenvolverase un taller para facer música coa reciclaxe.

O día 5 de xuño, ás 12.00 horas, a institución provincial inaugurará nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos a exposición ‘Desde a Reciclaxe á Creatividade Musical’, e, pola tarde, ás 18.45 horas, os usuarios dos hortos urbanos do Río Rato recibirán no Salón de Actos os diplomas acreditativos das actividades formativas nas que particparon.

Ás 20.00 horas terá lugar a conferencia ‘Infestas de Emerxencia’, que impartirá Manuel Andrade e abordará as ameazas da praga de mosquitos. Ademais, ese mesmo día, a Deputación súmase a apagada ambiental que convoca o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro do programa People & Planet, co obxectivo de concienciar sobre o cambio climático e o consumo enerxético.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...