InicioPolíticaO BNG pide á Xunta que dote ao PAC de Lugo de...

O BNG pide á Xunta que dote ao PAC de Lugo de persoal suficiente

Olalla Rodil asegura que trasladarán ao Parlamento as queixas veciñais e do persoal sanitario por demoras rexistradas a pasada semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A viceportavoz parlamentaria do BNG e deputada pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, reclamou á Xunta que dote ao PAC de Lugo do persoal suficiente. Nun comunicado, a formación nacionalista sinala que esta fin de semana no PAC de Lugo situado no CIS da Residencia sufríronse longas esperas e colas pola falta de médicos. Ademais, sinala que especialmente complicada foi a situación o xoves e o luns, cando só houbo dous facultativos cando o centro ten asignados tres equipos.

“Non pode ser que seis meses despois de trasladar o PAC ao CIS da Residencia a situación sexa esta”, denunciou a deputada, que sostivo que a Consellería de Sanidade ten que “dotar de medios suficientes ao PAC para que non se repitan situacións como a da semana pasada”, con xente tendo que acudir ao hospital por falta de medios neste centro. “Desde o BNG pedímoslle á Xunta que dote dun cuarto equipo ao PAC de Lugo, como pide o persoal sanitario, para garantir o correcto funcionamento do mesmo e, sobre todo, a máxima calidade na atención sanitaria da poboación”, explicou.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...