InicioSociedadeTres décadas reclamando unidades de paliativos no Sergas

Tres décadas reclamando unidades de paliativos no Sergas

Malia os cambios no alcance dos coidados paliativos, segue sen existir unha unidade adicada exclusivamente a esta especialidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pasado 5 de decembro foi o Día Internacional do Voluntariado en Coidados Paliativos. Os paliativos buscan a mellora da calidade de vida para persoas cunhas expectativas vitais moi curtas. No caso do Sergas e doutros servizos de saúde, esta atención fana equipos multidisciplinares pero non hai unha especialidade que aborde este campo.

A atención e os coidados paliativos son “os coidados que se ofrecen de maneira integral aos doentes con enfermidades crónicas avanzadas” define Juan Sanmartín, xefe de Coidados Intensivos do CHUAC. “Cando o estado de saúde da persoa é moi deficiente a propia definición inclúe xente cun período de vida limitado, falamos de seis a doce meses de supervivencia, por tanto son os coidados aplicados ao final da vida”.

Non obstante, a anterior definición é a que se aplicou durante os últimos vinte anos. Hoxe en día os coidados paliativos defínense como “os coidados aplicados de maneira integral por un equipo multidisciplinar, pero que comezan de maneira precoz, xa desde o diagnóstico da doenza”. Estes coidados aplícanse mediante un equipo formado por diferentes especialistas, desde atención primaria ata paliativistas. “Isto o que quere demostrar é que a atención paliativa esténdese durante o desenvolvemento da enfermidade crónica” di Sanmartín.

A dor e a entrada en paliativos

Que teñen as doenzas crónicas para seren atendidas por estes equipos de paliativos? “A enfermidade crónica, dependendo da súa tipoloxía, poden ter unha media de supervivencia de cinco anos máximo de media”. Durante ese tempo, a dor forma parte dos elementos que se queren combater. “En principio paliativo é o alivio, a protección, entón temos que abordar o controlo de síntomas físicos e psicolóxicos e emocionais” destaca Juan Sanmartín. Entre os síntomas físicos hai unha grande presenza de dor.

“A dor é unha sensación desagradable e de disconfort físico e que leva unha compoñente emocional. Está casusada por unha irritación nos nervios”. O feito de que a dor afecte á parte física e emocional ou psicolóxica, fai que sexa un síntoma multisensitivo, o que trae unha afectación na calidade de vida da persoa enferma. Pero a dor do outro pode afectar á persoa que aplica os coidados? “Sempre existe implicación, cando se trata de coidados no final da vida, é invebitable un certo achegamento á persoa enferma” reflexiona Sanmartín.

Esta implicación pódese xestionar, aínda que estariamos diante dun problema moi difícil de resolver. É máis doado que haxa sobreimplicación que falta de empatía ou implicación. “Hai unha compoñente humana que é a necesidade de coidar, sentimos compaixón e necesidade de atender ao semellante, pero isto hai que controlalo para que non acabe prexudicando a atención paliativa”. Non existen métodos per se para controlar esa sobreimplicación. Sería cuestión de estudo para especialistas, para a xente normal sería coñecerte a ti mesmo, estar moi seguro do que fas, non dubidar constantemente se o fas ben ou se o fas mal e sobre todo ter habilidade para facer as tarefas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...