InicioSociedadePiden 15 anos por maltratar e agredir sexualmente de forma continuada á...

Piden 15 anos por maltratar e agredir sexualmente de forma continuada á súa parella diante do seu fillo menor en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulga este xoves, 18 de abril, a un home para o que se piden 15 anos por malos tratos habituais e agredir sexualmente de forma continuada á súa parella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo xulga este xoves, 18 de abril, a un home para o que se piden 15 anos por malos tratos habituais e agredir sexualmente de forma continuada á súa parella. Segundo o escrito de acusación, o home, nacido en 1983, mantivo unha relación coa súa parella entre 2013 e 2021. En 2016, tiveron un fillo. Así, o procesado durante a relación tiña con ela unha actitude celosa, non quería que ela saíse e “para saír co neno debían ter previamente relacións sexuais”.

Fiscalía sinala que este individuo desprezaba á súa parella, dicíalle que “o que facía non valía para nada”. “Atemorizábaa con que se ía a suicidar, chegando a abrir a porta do coche en dúas ocasións”, apunta. Igualmente, “utilizábaa sempre como un obxecto sexual” e “facíalle tocamentos acotío, non só no domicilio familiar, tamén en lugares públicos, diante do fillo menor, de familiares e amigos”. Entre outras cuestións, “forzábaa na cama todos os días, baixáballe a roupa para manter relacións sexuais, chegando nalgunha ocasión a tentar penetrala mentres ela durmía”. Esta situación agravábase os días en que ela saía á rúa co neno.

Transcorridos 18 meses desde o nacemento do neno, a muller cambiouse á habitación do menor para poder descansar, pero “o procesado aproveitaba os momentos en que ela ía ao baño a cambiarse para buscala, baixarlle roupa e penetrala”. E é que “utilizaba o sexo como moeda, así, para conseguir que ela participase na vida familiar, esixíalle ter sexo a cambio”. Un auto fixou en 2021 a prohibición do home de achegarse a unha distancia inferior a 500 metros da muller.

ÚLTIMAS

Altri sobre a súa planta en Palas: “non emitirá dioxinas nin será prexudicial para a saúde”

Greenfiber, do grupo portugués Altri, defende que a planta de fibras téxtiles que proxecta...

Detido un veciño de Mondoñedo tras romper peches de campos de pasto de gando vacún

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Mondoñedo tras romper...

Cáritas advirte da existencia dunha “feminización da pobreza” na cidade durante o 2023

Cáritas Diocesana de Lugo alertou este xoves, durante o acto de presentación dos datos recolleitos...

Detidos tras roubar aceite e licores nun local de Lugo e enfrontarse aos empregados

A Policía Local de Lugo detivo a dous mozos, de 25 e 28 anos de...