InicioSociedadePiden nove anos de cárcere para un acusado de agredir sexualmente á...

Piden nove anos de cárcere para un acusado de agredir sexualmente á súa parella en Lugo

A muller, que tras o sucedido abandonou España, sufriu diveras lesións que precisaron de asistencia sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrará o día 16 un xuízo por agresión sexual polo que se pide para o acusado unha pena de nove anos de prisión. No seu escrito de cualificación fiscal, o Ministerio Público, sostén que o home, que chegou a España desde o seu país de orixe, Venezuela, en decembro de 2021, iniciou en febreiro de 2022 unha relación sentimental, sen convivencia, cunha muller.

En maio, acudiu pola noite ao domicilio desta, en Lugo, “nun estado de embriagueza que afectaba as súas facultades sen chegar a anulalas e iniciou unha discusión motivada polos celos”. Despois, engade, pediulle manter relacións sexuais e, ante a súa negativa, tirouna encima da cama procedendo a agredila sexualmente, sen parar, a pesar das peticións da vítima, e propinándolle “unha puñada na cara”, ademais de cometer outras agresións. Como consecuencia destes feitos, a muller, que tras o sucedido abandonou España, sufriu diveras lesións que precisaron de asistencia sanitaria.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...