Home Sociedade Décimos do Gordo de Nadal, o 88.008, vendéronse en Lugo

Décimos do Gordo de Nadal, o 88.008, vendéronse en Lugo

0
Décimos do Gordo de Nadal, o 88.008, vendéronse en Lugo
Sorteo da Lotaría de Nadal | RTVE

O número 88.008 resultou agraciado co Gordo, os primeiro premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 4.000.000 euros á serie. Convértese así no máis ‘remolón’ da Historia.

O máis tardío ata agora saíra en 2014, cando non apareceu ata as 13.00 horas e en 2018 demorouse ata as 12.35 horas. Ademais, este ano o ‘Gordo’ foi o último dos grandes en saír. O número foi cantado ás 13.16 horas no oitavo arame da novena táboa.

En Galicia, vendéronse ata en 17 municipios, a maioría décimos soltos. Na Pobra do Caramiñal (A Coruña), unha administración repartiu 8 millóns de euros tras vender 20 décimos de ‘El Gordo’. Tamén se expediu o 88.008 nas cidades da Coruña, Lugo, Vigo e Ourense.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here