InicioPolíticaO Goberno provincial de Lugo "satisfeito" co adianto electoral porque "é o...

O Goberno provincial de Lugo “satisfeito” co adianto electoral porque “é o momento” de que Galicia “avance”

A Deputación aproba a construción dun aparcadoiro no polígono de Paradela e colabora coa instalación en Viveiro do belén xigante

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Goberno provincial de Lugo, Pilar García Porto, agradeceu este venres ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o adianto electoral anunciado e manifestou que o Partido Socialista quere “que haxa eleccións” e quere “que haxa un cambio”.

“Estamos satisfeitos de que Rueda convoque por fin eleccións, que se acolla á demanda que faciamos desde o Partido Socialista porque é o momento de que Galicia mellore e de que Galicia avance despois de 14 anos de goberno do Partido Popular”, declarou García Porto, ao termo da reunión ordinaria da Xunta da Deputación Provincial.

“O PP fixo moitas promesas e fixo moitos anuncios pero non materializou políticas que redundasen directamente na mellora de Galicia. Sobre todo en provincias como a nosa, unha provincia eminentemente rural”, agregou.

A portavoz socialista do Executivo provincial revelou tamén na súa comparecencia os asuntos tratados e os acordos alcanzados na reunión ordinaria da Xunta de Goberno. Así, anunciou a aprobación da adxudicación das obras para a construción dun aparcadoiro no polígono industrial de Paradela, que recibirá un investimento de “algo máis de 130.000 euros” e que contará con 42 prazas, dúas delas adaptadas.

Tamén anunciou Pilar García Porto que a Deputación de Lugo colaborará, “cunha achega de 40.000 euros”, coa instalación do belén xigante na localidade de Viveiro, “un recurso consolidado que atrae a miles de persoas e que ten un importante retorno económico” e “un atractivo máis”, dixo, para o municipio nestas festas de Nadal.

Finalmente, a portavoz socialista comunicou a adxudicación do contrato para a subministración de equipos de protección individual, roupa de traballo e informes para o persoal da Deputación Provincial por un importe de 60.137 euros.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...