InicioEconomíaModificacións nos desvíos pola A-6 debido a novas obras para resconstruír o...

Modificacións nos desvíos pola A-6 debido a novas obras para resconstruír o viaducto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai comezar unha nova fase nas obras de reconstrución dos dous viadutos da A-6 no Castro, que conectan Veiga de Valcarce e Pedrafita do Cebreiro, co obxectivo de que este mesmo ano quede recuperado o que vai en sentido Madrid.

Desta forma, a partir das 8,00 horas da mañá deste venres modificaranse os desvíos de tráfico existentes actualmente, entre os quilómetros 428 e 432, para así poder adoptar as novas configuracións que permitan avanzar nas obras.

Por unha banda, pecharase o desvío que comunica de forma directa a A-6 coa N-6 no quilómetro 431 para proceder ao seu desmonte, que é o percorrido que fan os vehículos lixeiros para evitar pasar polo centro de Pedrafita. Así, todo o tráfico en sentido Madrid, tanto pesados como lixeiros, utilizará a saída 432 para acceder á travesía de Pedrafita e circular pola nacional ata reincorporarse á autovía no quilómetro 428.

Doutra banda, modificarase o ‘bypass’ que hai no quilómetro 428 da A-6 para permitir o paso directo de vehículos a través da propia autovía. Isto obrigará a operar con tráfico en dobre sentido na A-6 en sentido A Coruña entre os quilómetros 422 e 428. Por iso, non se permitirá o paso a transportes especiais entre os quilómetros 428 e 432.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...