InicioSociedadeA Xunta licitará "en próximas semanas" a xestión da residencia da Fundación...

A Xunta licitará “en próximas semanas” a xestión da residencia da Fundación Amancio Ortega na cidade

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, confirmou que no será de xestión directa automática, pero farase cargo do seu funcionamento algunha "entidade social sen ánimo de lucro".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, confirmou que “en próximas semanas” a Xunta sacará a licitación a xestión das residencias que a Fundación Amancio Ortega construíu en Santiago de Compostela e en Lugo, coa intención de que no primeiro trimestre de 2024 estean xa en funcionamento.

Non serán centros de xestión directa autonómica, pero a conselleira detallou este sábado, en declaracións aos medios, que serán “entidades sociais sen ánimo de lucro” as que se farán cargo do seu funcionamento. García aproveitou para dar “as grazas” á Fundación Amancio Ortega pola construción destas residencias nas sete cidades galegas.

A do barrio do Castiñeiriño, en Santiago, que o pasado 24 de outubro foi entregada á Xunta nun acto público, contará con 120 prazas de financiamento público, igual que a de Lugo. Segundo a conselleira, estas residencias serán “das mellores en Europa” e a previsión é que serán de xestión por parte de entidades sen ánimo de lucro.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...