InicioMemoria HistóricaO proxecto 'Galiverso. O vello Portomarín' reconstrúe con realidade virtual a vila...

O proxecto ‘Galiverso. O vello Portomarín’ reconstrúe con realidade virtual a vila que quedou alagada polo encoro de Belesar hai 60 anos

O proxecto da nova instalación de realidade virtual 'Galiverso. O vello Portomarín' poderá visitarse proximamente, de forma gratuíta, tanto na localidade lucense como no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou o proxecto da nova instalación de realidade virtual ‘Galiverso. O vello Portomarín‘, que con tecnoloxía 3D recrea a vila lucense, alagada pola construción do encoro de Belesar en 1963.

Segundo informou a Xunta, Rodríguez remarcou que a experiencia parte dun exercicio de memoria colectivo que, apoiado en novas tecnoloxías de realidade virtual e aumentada, debuxa unha cartografía dixital que recupera as casas e algúns dos edificios máis destacados do concello. Os veciños da localidade foron os primeiros en gozar da experiencia para volver camiñar polas desaparecidas rúas do centro do pobo, unha viaxe no tempo ata o verán de 1962 que foi deseñado “co máximo rigor científico” e mediante un “amplo proceso de documentación”.

As gravacións da época conservadas na Filmoteca de Galicia, as máis de 40.000 fotografías que atesoura Foto Pereira en Portomarín e a memoria dos habitantes foron a base para un traballo que contou con participación de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, expertos do Centro Infográfico Galego e especialistas en vídeo, arte en 3D, historia e programación. ‘Galiverso. O vello Portomarín‘ poderá visitarse proximamente, de forma gratuíta, tanto na localidade lucense como no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

XORNADA DE FORMACIÓN

Por outra banda, o conselleiro agradeceu o traballo a favor da calidade do sistema educativo que realizan as direccións dos colexios e institutos. Un labor que, en palabras de Rodríguez, require “da máxima implicación e compromiso” das persoas que desempeñan a función de directores e que a partir de xaneiro “veranse recompensados cunha mellora retributiva”, lembrou. Así o expresou este sábado con motivo da apertura da xornada de formación para desenvolver a función directiva, dirixida a docentes para a adquisición das competencias necesarias para exercer as funcións propias do posto.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...