InicioSociedadeO delegado do Goberno reitera o final da reparación da A-6 para...

O delegado do Goberno reitera o final da reparación da A-6 para fin de ano

"Nin os recursos persoais nin económicos van ser un problema", engadiu Besteiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, reiterou o “compromiso serio” do Executivo de concluír un dos viadutos do Castro, na A-6, a finais de ano.

A preguntas dos xornalistas, nun encontro informativo organizado pola demarcación coruñesa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, asegurou que “o prioritario é a seguridade e logo os criterios técnicos”, ao ser preguntado pola posibilidade de conclusión dos dous viadutos á vez.

“Nin os recursos persoais nin económicos van ser un problema”, engadiu Besteiro, quen insistiu no compromiso de terminar o primeiro viaduto, sentido Madrid, a finais deste ano.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...