InicioSociedadePSdeG de Abadín denuncia unha multa de 60.000 euros ao Concello, liderado...

PSdeG de Abadín denuncia unha multa de 60.000 euros ao Concello, liderado polo PP, por “non arranxar a depuradora”

Deste xeito, lembrou que en 2020 o Concello "xa pagou máis de 7.000 euros de multa" polas verteduras do río debido ao mal funcionamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os socialistas de Abadín denunciaron nun comunicado que o Concello, gobernado polo Partido Popular, recibiu unha multa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que ascende a 60.000 euros, “polo mal funcionamento da depuradora”.

O portavoz socialista na localidade, Pablo Díaz, tras a última sesión plenaria, na que o Secretario municipal informou dunha nova multa de 60.000 euros “por conduta reiterativa infractora, debido ás numerosas sancións que se lle aplicaron anteriormente e ás que o Concello fixo caso omiso”.

Nesta liña, subliñou que se trata de “unha elevada contía” que “se ten que pagar con diñeiro de todos os veciños”, pola “incompetencia política de todo o goberno do PP de Abadín”. Así, sinalou que o alcalde, José María López Rancaño, “alega que non sabe nada”.

Deste xeito, lembrou que en 2020 o Concello “xa pagou máis de 7.000 euros de multa” polas verteduras do río debido ao mal funcionamento das depuradoras e as fosas sépticas en Abadín e Espiñarcao.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...