InicioSociedadeLugo, a única provincia galega na que crece a natalidade

Lugo, a única provincia galega na que crece a natalidade

O pasado ano naceron case 120 nenos máis, mentres que no resto das provincias galegas houbo descensos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou un total de 14.556 nacementos en 2022, o que supón 231 menos que en 2021 (-1,56%), segundo os datos de estimación mensual de alumeamentos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

No entanto, o ritmo de caída de nacementos de Galicia en 2022 é menor ao 3% de descenso acumulado no ano 2021. Así mesmo, o 1,56% de descenso é lixeiramente inferior ao ritmo de retroceso na media española (-2,08%).

Lugo é a única provincia galega na que hai un incremento, pasa de 1.622 bebés nados en 2021 a 1.740 en 2022. Con todo, o resto de provincias computan unha baixada: A Coruña (pasa de 6.318 en 2021 a 6.239 en 2022), Pontevedra (de 5.448 a 5.253) e Ourense (de 1.399 a 1.323).

No tocante só ao mes de decembro, naceron 1.189 nenos en Galicia, o que se traduce en 52 menos que un ano antes, segundo os datos do INE.

AUMENTO DE NAIS DE MÁIS DE 40 ANOS

Por idades das nais, obsérvase un incremento entre as maiores de 40 anos, foron 2.202, 69 máis que as 2.133 dun ano antes.

O grupo de idade máis grande entre as nais en 2022 é o de 35 a 39 anos (4.877), seguida de 30 a 34 anos (4.472). Houbo dúas nais de menos de 15 anos e un total 12 de 50 anos ou máis.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...